jueves, 21 de mayo de 2020

Xoves 21 de maio, Terceiro de EP

Ola rapaces e rapazas:

Hoxe imos traballar co himno galego. Non é unha canción tan alegre coma as outras pero é importante que a coñezades.
Imos facer un pequeno traballo de investigación sobre  Galicia.

a) Os símbolos de Galicia son 3: a bandeira, o escudo e o himno galego. Poderías debuxar os dous primeiros?
b) Quen escribiu o himno galego e en que ano?
c) Como se chama ese poema?
d) Cantas provincias ten Galicia? Cales son?
e) Quen é o presidente da Xunta de Galicia? E o alcalde de Vigo?
f) No vídeo aparecen imaxes de Galicia. Seguro que coñeces algunha. Escribe o nome das imaxes que coñezas e dime en que provincia están
g ) Investiga cales son os municipios do concello de Vigo
h) Vigo, no ano 2019, tiña 295.323 habitantes. Con este dato imos repasar cómo se calculaba a poboación dun lugar. Podemos ver este vídeo ou repasar as páxinas 14 e 15 de ciencias sociais.
Imaxinade que nacen 1345 nenos/as, morren 456 persoas, inmigran 3456 e emigran 456. A poboación crecerá ou disminuará no ano 2020?
i) Explica a diferencia entre padrón municipal e censo (páxina 14 do libro de sociais)


Esta tarefa é moi longa polo que se non podedes rematala hoxe non pasa nada. Xa a rematarás ao longo da semana. Cando a rematedes enviarma ao correo terceirosansalvador.gmail.com

ACS
-Vemos o vídeo sobre o lugar onde vives
-Busca en internet a bandeira e o escudo de Galicia e debúxao na libreta.
-Tamén temos o himno galego. Escoitao aquí.
-Fai estas ficha de lengua e  de mate copiandonas Na ficha de lengua rodea de azul as sílabas "la" e de vermello as sílabas "li"

Cuadernillo de sumas y restas hasta el 20 sin llevadas - Aula PT Letra "L" (Letra Cursiva) - Actiludis


Ata mañán galegos e galegas

No hay comentarios:

Publicar un comentario