Bo día! Por fín chegou o fin de curso!!! E o remate da vosa etapa no cole!!! Seguro
que estades contentos/as e tamén un
pouco nerviosos/as ante a idea de ir ao “Insti”… Non vos preocupedes, todo vai
saír ben...Xa veredes que superaredes tamén esa etapa sen problema!
Pero disto xa falaremos, porque conto estar convosco e coas
vosas familias moi pronto…
Que debedes facer durante o verán? Pois o primeiro, pasálo
moi ben! E despois…ler (xa sabedes que un libro é unha das mellores
compañías ); escribir; repasar algo do
que dimos durante o curso (lembrade os esquemas e “recorda” que tedes nas
libretas); facede contas, que logo se vos esquece de como se fan…
Eu xa sei que o ides facer, que tedes unhas familias
estupendas que se preocupan por vós e que vos van animar e axudar a repasar.
Vémonos nuns días!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario