viernes, 19 de junio de 2020

Último día de clase 1º E.P.

Ola nenos!

Hoxe sería a celebración do FIN DE CURSO no colexio.
Como non o podemos celebrar de forma habitual conformarémonos con dedicarnos a facer tarefas diferentes. XOGOS EN FAMILIA, LECTURAS DIVERTIDAS, VÍDEOS...

Deséxovos unhas vacacións tranquilas, que disfrutedes da natureza na medida do posible, paseos pola praia, polo monte...fixádevos nos elementos naturais que os conforman, é a mellor maneira de aprender DISFRUTANDO.

Non esquezades LER MOITO e escribir tamén.

Agárdovos para o curso que vén.



Déixovos as ADIVINANZAS do MONO SILABO para que vos entreteñades de cando en vez con eles.

Un abrazo moi grande para todos.

Hasta prontooooooooooooo!
👋👋👋



Nota para as familias:
Se buscades o blog de teresa e os seus.blogspot poderedes ver aos vosos fillos en distintas actividades dentro e fóra da aula(visitas que nos deu tempo a facer...) Aínda non publiquei todas as fotos que teño peo sí algunha. Irei subindo algunha máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario